Iberia ofrecerá este verán ata 24 frecuencias semanais entre A Coruña e Madrid

Empresa e Concello asinan un convenio de colaboración.

Por E.P. | A Coruña | 16/06/2021 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

O presidente do Consorcio de Turismo da Coruña e concelleiro desta área no Concello herculino, Juan Ignacio Borrego, e o director de Vendas de Latinoamérica e Acordos Institucionais de Iberia, Víctor Moneo, asinaron o convenio de servizos de promoción do sector local da Coruña e a súa conectividade aérea co aeroporto de Madrid.

Aeroporto de Alvedro, A Coruña
Aeroporto de Alvedro, A Coruña | Fonte: Concello da Coruña.

Segundo informa o Consorcio de Turismo, desta forma, a partir deste plan de promoción turística, Iberia ofrecerá durante a tempada de verán ata 24 frecuencias entre o aeródromo coruñés e Madrid. Serán catro diarias de luns ao xoves, tres diarias os venres e sábados, e dous os domingos.

Juan Ignacio Borrego celebrou a firma do convenio xa que "este contrato axuda a unha estabilización na operativa e nas conexións que precisa o aeroporto e permitirá unha mellor organización e posibilidades para os cidadáns que necesitan viaxar".

Ademais, segundo indicou Víctor Moneo, as previsións da compañía aérea son retomar a actividade pre-covid a partir de setembro e en función da demanda. De acordo con Turismo da Coruña, isto suporá ter "catro voos diarios todos os días da semana entre esta cidade e Madrid e crecer ata os 28 voos semanais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta