A promotora AEDAS Homes busca chan en Galicia para máis promocións

O obxectivo é consolidarnos como unha promotora máis no mercado galego".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2021 | Actualizada ás 10:24

Comparte esta noticia

A promotora residencial AEDAS Homes asegura que está a estudar "de forma moi intensa" oportunidades de adquisición de chan en Galicia para impulsar novas promocións, despois das que ten en marcha en Vigo e Sanxenxo.

O CEO de AEDAS Homes, David Martínez, sostén que a promotora, que cumpre un ano tras a súa entrada no mercado galego, chegou á comunidade "cunha clara vocación de permanencia", polo que busca chan para novas promocións. "O obxectivo é consolidarnos como unha promotora máis no mercado galego", afirma.

A empresa cuantifica o investimento da empresa nas súas dúas primeiras promocións en Galicia en máis de 25 millóns de euros e indica que supoñen a creación duns 250 empregos indirectos durante dous anos.

En relación a Vigo, a promotora prevé entregar as vivendas que constrúe alí na primeira metade de 2023. Para o CEO da empresa, trátase dunha "cidade estratéxica", porque representa "un dos enclaves residenciais e económicos máis dinámicos de Galicia e de España".

A inmobiliaria Avintia inicia as obras dunha promoción de vivendas
A inmobiliaria Avintia inicia as obras dunha promoción de vivendas | Fonte: AVINTIA INMOBILIARIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta