A morte dunha anciá pon fin a cinco días sen falecidos con covid en Galicia

O óbito desta anciá, de 96 anos, foi anunciado polo presidente da Xunta tras o consello deste xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2021 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 en Galicia ascenden a 2.431 tras a morte dunha muller de 96 anos ingresada nun hospital da Coruña, despois de cinco días sen notificar óbitos a Xunta. Así o confirmou o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta deste xoves.

"Levamos cinco xornadas sen falecementos, pero acreditamos lamentablemente que faleceu unha muller 96 anos con Covid por patoloxías asociadas", afirmou Feijóo, en relación a este óbito nun hospital da Coruña. Os últimos falecidos previos notificados por Sanidade foron o venres pasado, 11 de xuño, correspondentes a dúas mortes rexistradas un día antes, o 10 de xuño. En concreto, tratouse de dúas mulleres de 64 e 88 anos que permanecían ingresadas en Vigo e A Coruña, respectivamente. Ambas as con patoloxías previas.

Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta