Galicia terá un verán "máis seco e cálido" do habitual

Esa é a previsión da Aemet.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2021 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía prevé que o verán en Galicia sexa "máis seco e máis cálido do normal", segundo informou nunha rolda de prensa celebrada este xoves na Delegación do Goberno na Coruña.O seu delegado en Galicia, Francisco Infante, adiantou ademais, que a situación meteorolóxica mellorará a próxima semana e afirmou que se espera unha noite de San Juan sen choivas e con "temperaturas frescas" con mínimas próximas aos 10 e 15 graos.

Infante informou tamén que a inestabilidade que se produciu durante este xoves, manterase ata o domingo, momento no que empezará a mellorar o tempo.

Varias persoas báñanse e toman o sol nunha praia do municipio de Marín.. Beatriz Ciscar - Europa Press
Varias persoas báñanse e toman o sol nunha praia do municipio de Marín.. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta