Un verán de poesía en Allariz

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz será o escenario de 3 interesantes recitais poéticos que se celebrarán o 27 de xuño, o 25 de xullo e o 29 de agosto.

Por X.M. Fernández | Allariz | 18/06/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

A iniciativa, promovida dende o Concello de Allariz, pretende achegar á cidadanía este xénero literario nun marco incomparable como é o recinto do Festival, aproveitando que nesta edición o tema no que están inspirados os xardíns é a poesía.

Presentación dos recitais poéticos. Foto: Prensa Concello de Allariz.
Presentación dos recitais poéticos. Foto: Prensa Concello de Allariz.

Os recitais celebraranse os derradeiros domingos dos meses de xuño, xullo e agosto ás 12:30h. O primeiro será o 27 de xuño, o segundo será o 25 de xullo e o derradeiro será o 29 de agosto. A entrada para asistir a eles será de balde e as prazas ata completar o aforo que estará acoutado dentro do recinto.

Neste mes será Chus Pato, nada en Ourense o 29 de agosto de 1955, a encargada de abrir o ciclo. A ourensá Chus é unha das voces máis coñecidas e recoñecidas da poesía galega, dentro e fóra do país. Dende 2016 é, ademais, académica numeraria da RAG. A súa poesía foi traducida a diversos idiomas, como o castelán, o catalán, o portugués, o inglés, o búlgaro ou o holandés.

O 25 de xullo será o turno de Iago González (Arnuíde, Vilar de Barrio, 1999) e xa en agosto, para pechar os recitais o día 29, o protagonista será Carlos Da Aira (Allariz, nado en Elgoibar, 1972).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta