O Sergas estudará como facilitar a vacina a galegos que estean de vacacións fóra da súa área

Feijóo teima en que desde a Administración central non se escoitaron as formulacións de Galicia para facer "unha vacinación flexible".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2021 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este xoves que é "razoable" que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) analice vías para "reordenar" as citas de vacinación para galegos que teñan pechadas "laboralmente" as súas vacacións e atópense dentro do territorio da comunidade pero lonxe da súa área sanitaria.

Tras incidir en que o ámbito estatal non se escoitaron as formulacións de Galicia en relación a facer "unha vacinación flexible" en períodos vacacionais para permitir que españois puidesen recibir a dose que lles corresponde atopándose mesmo nunha comunidade distinta á súa, precisou que cre que, dentro dun mesmo sistema, se  pode analizar.

Neste sentido e aínda que non considera que vaia a haber moitos casos porque en Galicia "non hai grandes distancias", suxeriu que a Comunidade podería analizar as solicitudes, co fin --ha ejemplificado-- de que un veciño de Tui que veranea na Mariña de Lugo poida vacinarse fronte á covid-19.

En todo caso, insistiu en que habería que analizar nos rexistros se hai incidencias e remarcou que o que propón á poboación o Goberno autonómico é que trante de acudir a inmunizarse e as datas nas que son citados polo Sergas. "Se non teñen o teléfono correspondeiente para concretar a incidencia", apostilou.

E é que, segundo precisou, aínda que a Xunta poida analizar que pasos dar dentro do seu propio territorio, a "solución" para quen poida atoparse fóra da Comunidade non depende do seu Executivo.

"NON ATOPAMOS ECO FAVORABLE"

Segundo explicou, a vacinación "flexible" fose do territorio para persoas que estean de vacacións foi posta sobre a mesa do Consello Interterritorial por parte da Xunta, que entendía qe era "unha oportunidade" para a reactivación do turismo e dar facilidades a persoas que xa tivesen pechado o seu descanso laboral.

"É unha pena, pero lamentablemente non puidemos encontra un eco favorable", reflexionou, para engadir que se tería que facer a través de mecanismos de comunicación interna entre os servizos de saúde e que as persoas afectadas cursasen as súas solicitudes.

"De momento non se acordou nada e é unha pena", recalcou, para engadir que a Xunta consideraba que se poderían buscar fórmulas para que "unha persoa que está en Málaga e queira pasar as súas vacacións nas Rías Baixas" poida ser citada se se dá de alta no rexistro de viaxeiros ao chegar a Galicia e tócalle vacinarse.

CITAS A PRÓXIMA SEMANA

Tamén trasladou que se chamará a próxima semana a 100.000 galegos da franxa de idade comprendida entre os 40 e os 49 anos para recibir a primeira dose da vacina.

En paralelo, continuarase citando a aqueles galegos que lles corresponde recibir a segunda dose, nos prazos que establece cada unha das marcas que se está utilizando para proceder á inmunización fronte á covid-19.

Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza / M. Dylan - Europa Press.  / Europa Press
Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta