Arrestan un mozo do Carballiño por roubar nun establecemento hostaleiro

Segundo informou o Instituto Armado, este pasado mércores detivo a un veciño do Carballiño de 27 anos de idade como presunto autor dun delito de roubo con forza nas cousas.

Por E.P. | OURENSE | 17/06/2021 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil do Carballiño detiveron a un home de 27 anos de idade por roubar nunha pulpería deste municipio tras forzar a porta de entrada.

Segundo informou o Instituto Armado, este pasado mércores detivo a un veciño do Carballiño de 27 anos de idade como presunto autor dun delito de roubo con forza nas cousas.

Os feitos sucederon o día 10 ed xuño nunha pulpería do Carballiño onde, tras forzar a porta de entrada, o individuo apoderouse de diñeiro da caixa rexistradora e de varias botellas de bebidas alcohólicas.

Axentes da Garda Civil
Axentes da Garda Civil | Fonte: Ministerio do Interior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta