Temas: XABARIL CAZA

A Xunta estudará declarar a emerxencia cinexética temporal en zonas de Galicia para afrontar danos do xabaril

Esta medida permite abater ou capturar exemplares fose do límite de cota durante o período hábil de caza.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/06/2021 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A Xunta estuda volver empregar a declaración de emerxencia cinexética temporal nalgúns puntos de Galicia como un instrumento temporal e extraordinario para facer fronte aos danos causados polo xabaril.

Xabaril
Xabaril | Fonte: Xunta de Galicia.

Esta foi unha das principais conclusións da reunión de seguimento este xoves en Santiago co fin de analizar a eficacia das medidas adoptadas para controlar e minorar o impacto desta especie e estudar tamén novas propostas de actuación.

Durante o encontro, que convocou a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, lembrou que en 2019 a Xunta declarou por primeira vez a emerxencia cinexética en 33 concellos de catro áreas xeográficas de Galicia: Betanzos-Eume, Terra Chá, Viana e Deza.

"A efectividade da medida quedou avalada polos datos xa que o número de avisos nestas comarcas reduciuse nun 29,4% con respecto á tempada de caza precedente", destaca o departamento.

Isto foi o que trasladou aos asistentes á reunión, que eran representantes do Ministerio de Transportes e Axencia Galega de Infraestruturas; DXT, Garda Civil de Tráfico e Seprona; Consellería do Medio Rural; Fegamp; Universidade de Santiago; Federación Galega de Caza; e sindicatos e organizacións agrarias (Unións Agrarias, Asaga e Sindicato Labrego Galego).

Na práctica, esta medida permite abater ou capturar exemplares fose do límite de cota durante o período hábil de caza. Agora, deberá someterse a un estudo previo con base no cal se decidirá a que áreas e municipios afectaría, tendo en conta datos como avisos por danos, accidentes de tráfico, concentración de granxas e outros parámetros.

Temas: XABARIL CAZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Perigo: cazadores

Un plan de emerxencia xinecética en 33 concellos sen un so censo de xabarín, todo baseado en que un cazador dice que hai danos importantísimos en calquera campo que lles pareza, todo un exemplo de arbitrariedade e prevaricación delictiva.