A Xunta, que pide protocolos ao Goberno central, non o ten para as fogueiras privadas de San Xoán

Non permite aos concellos facelas, pero si a particulares ou entidades en espazos privados.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/06/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A Xunta permitirá a particulares e asociacións facer fogueiras de San Xoán, pero non aos concellos. Con todo, non existe un protocolo específico sobre o número de participantes ou as medidas anticovid previstas máis alá de "manter a distancia social e levar máscara".

Cacharela na noite se San Xoán en Ézaro
Cacharela na noite se San Xoán en Ézaro | Fonte: quepasanacosta.com

A polémica está servida novamente logo de que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciara este xoves que a Xunta prohibía expresamente realizar fogueiras de San Xoán en Galicia porque non derogou da normativa vixente un artigo que as fai incompatibles.

Unha situación que, posteriormente, a Consellería de Sanidade negou ao suliñar que si se permiten facer fogueiras esa noite pero "só a particulares ou asociacións" e en "espazos privasos", non a concellos. Iso, a pesar de que, actualmente está en vigor a norma pola que se prohíben as verbenas e festas populares.

Con todo, este departamento tamén recoñeceu que non existe un "protocolo ao respecto", a pesar de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi un dos máis críticos co Goberno central durante a xestión da pandemia ao acusalo de non ter "protocolos sanitarios". "Só hai que cumprir as normas estipuladas de distancia social e uso de máscara", indicaron fontes de Sanidade.

Polo tanto, as fogueiras estarán permitidas se son realizadas por particulares, pero non polos concellos, e en espazos privados. "É certo que está en vigor a norma pola que se prohíben as verbenas e festas populares, pero as fogueiras, como evento que organiza un grupo de persoas, si se poden facer", apunta a Xunta. "Só teñen que cumprir as normas anti covid e pedir os permisos que esixen as autoridades municipais", aclara.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta