AquaOurense presenta un Pacto Social para a recuperación económica e social da provincia post-Covid

O obxectivo é dar resposta aos novos retos sociais e económicos derivados da crise sanitaria.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 17/06/2021 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

O Presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, presidiu esta mañá no complexo turístico “O Corgo” de Muíños, o acto de presentación do Pacto Social promovido por AquaOurense, a empresa mixta formada pola Deputación de Ourense e por

Presentación do Pacto Social promovido por AquaOurense
Presentación do Pacto Social promovido por AquaOurense | Fonte: Viaqua

Viaqua, encargada de realizar asistencias técnicas de cooperación coas entidades locais da provincia relacionadas co ciclo integral da auga e medio ambiente.

O obxectivo do Pacto Social presentado é dar resposta aos novos retos sociais e económicos derivados da crise sanitaria e da crise climática apostando pola solidariedade, o emprego de calidade e a reconstrución verde para a provincia de Ourense.

O obxectivo de AquaOurense con esta iniciativa, é contribuír á recuperación económica cun modelo de xestión da auga que mellore a calidade de vida e protexa ás persoas, especialmente ás máis vulnerables. Este modelo, baseado no compromiso local, promoverá a reconstrución verde e a innovación, favorecendo a evolución cara a uns municipios ourensáns sostibles e resilientes, a través do desenvolvemento de iniciativas concretas.

No evento participaron o Alcalde de Muíños e presidente de AquaOurense, Plácido Álvarez, que puxo en valor a actividade que leva desenvolvendo 13 anos a empresa mixta AquaOurense, así como destacou o obxectivo que ten este Pacto Social de escoita activa a sociedade.

O director de Viaqua, Marcos Martín, subliñou tamén que esta era a única experiencia deste tipo cunha Deputación en España, afirmou que o pacto permitirá realizar un cambio de modelo concesional nos municipios de menor tamaño, permitindo achegarlles

proxectos sociais, de dixitalización e medioambientais. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta