Xunta e Estado constitúen o comité de coordinación policial antincendios para o período de alto risco

Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/06/2021 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

A Xunta e o Estado constituíron este xoves o comité de coordinación policial antincendios que estará operativo no período de alto risco, entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.

Constitución do comité de coordinación policial antincendios
Constitución do comité de coordinación policial antincendios | Fonte: Xunta.

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, presidiu a reunión na que se constituíu este comité, cuxas funcións son as de coordinar actuacións entre ambas as administracións en materia de investigación, vixilancia e disuasión.

O operativo deste ano para o alto risco volve contar con ao redor de 7.000 efectivos, preto dunha trintena de medios aéreos e haberá 378 motobombas.

Manuel Rodríguez lembrou que este ano se instalan 22 videocámaras, de forma que son un total de 142 que abarcan sobre o 70% do territorio galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta