Luz verde á contratación das obras de ampliación do CHUO por preto de 52,6 millóns

Máis de 30 concellos galegos asinaron o convenio de colaboración coa Xunta para dispor de caixeiro,.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2021 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou este xoves da luz verde á contratación das obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), cun investimento de preto de 52,6 millóns de euros.

En relación aos prazos, tras a reunión do Consello da Xunta, Feijóo explicou que a previsión é licitar nos próximos días o contrato para a execución das obras, que comezarán a finais deste mesmo ano e terán unha execución de 40 meses.

O proxecto contará con 3 intervencións: a construción dun novo edificio de hospitalización, a reforma do actual Hospital Materno Infantil e a mellora dos accesos.

O Consello da Xunta tamén aceptou este xoves a cesión dunha parcela por parte do Concello de Abegondo para a construción dun novo centro de Saúde na localidade. Trátase dun terreo de 5.114 metros cadrados no que se edificará unha infraestrutura que substituirá o ambulatorio actual, que ten máis de 35 anos e no que se atende a case 5.000 pacientes.

CONVENIO CON SOGAMA

Noutra orde de asuntos, na súa reunión semanal o Goberno autorizou a renovación do convenio de colaboración entre a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) e a Deputación de Ourense, co fin de que as 11 microplantas para a transferencia de residuos urbanos que operan na actualidade na provincia continúen sendo xestionadas de forma sustentable, é dicir, "coa máxima eficiencia e o menor custo económico".

Edificio do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU)
Edificio do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU)

CAIXEIROS

A Xunta informou, así mesmo, de que un total de 34 concellos asinaron xa os convenios de colaboración coa Xunta para dispor de caixeiro automático e de servizos de atención financeira ao cidadán dos que se beneficiarán case 48.000 galegos que viven nestes municipios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta