Máis do 93% dos aspirantes á parte obrigatoria da ABAU consegue aprobar

A publicación das notas experimentou un leve atraso debido a un problema na entrega dun dos correctores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2021 | Actualizada ás 09:58

Comparte esta noticia

Máis do 93 por cento dos alumnos que participaron na parte obrigatoria da selectividade na comunidade galega logrou superar as probas. A Comisión Interuniversitaria de Galicia facilitou a última hora deste xoves as primeiras cifras de alumnos aprobados e presentados na ABAU, con motivo da publicación da listaxe de aptos da convocatoria.

Do total de 13.261 alumnos matriculados aos exames en Galicia e celebrados a pasada semana, finalmente presentáronse 13.115 tanto á parte obrigatoria como a voluntaria, o 98,9 por cento. Deles, uns 11.112 fixérono na parte obrigatoria, dos que aprobaron 10.359, o 93,22 por cento.

Trátase dunha cifra que mellora o resultado do pasado ano, a primeira convocatoria da pandemia e que estivo marcada polo confinamento domiciliario durante o curso. Ese ano rexistrouse preto dun 88 por cento aprobados entre os alumnos que realizaron a parte obrigatoria.

Nesta ocasión, a publicación das notas experimentou un leve atraso debido a un problema na entrega dun dos correctores e dunha das materias máis numerosas, como foi Lingua Castelá. Por iso, a CIUG pediu desculpas polo atraso, que xustificou na necesidade de ser "garantistas" na carga de datos e o cálculo de medias para evitar posibles erros.

Unha examinadora mostra un dos exames de selectividade, antes de dar comezo a proba nunha aula da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela / César Arxina - Europa Press. / Europa Press
Unha examinadora mostra un dos exames de selectividade, antes de dar comezo a proba nunha aula da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela / César Arxina - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta