As empresas do lecer nocturno poderán pedir desde este sábado e durante un mes as novas axudas da Xunta

Poderán percibir axudas desde 7.500 euros ata un máximo de 35.000 euros, en función da superficie do local.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2021 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a nova convocatoria de axudas da Xunta para minimizar o efecto do peche continuado por mor da pandemia. Segundo recolle a orde que as regula, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contando a partir do día seguinte da publicación da mesma, é dicir, a partir deste sábado.

Esta nova convocatoria de axudas directas --cun orzamento de 4 millóns de euros-- xa fora ratificada no Consello da Xunta deste xoves. Segundo a mesma, os propietarios de establecementos de lecer nocturno (discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festa, salas de concerto e outros asimilables), poderán percibir axudas desde 7.500 euros ata un máximo de 35.000 euros, en función da superficie do local.

Entre o anterior plan e a actual convocatoria de axudas directas, a Xunta remarcou que se investirán máis de 8,5 millóns de euros.

En paralelo, o xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, ratificou na pasada xornada que se está completando o estudo da proba para realizar un informe e pechar o protocolo de reapertura deste tipo de locais, para o que se mantén o horizonte do 1 de xullo.

Mozos na Sala Pelícano durante a realización dunha proba piloto da reapertura do lecer nocturno, a 12 de xuño de 2021, na Coruña, Galicia, (España).. M. Dylan - Europa Press
Mozos na Sala Pelícano durante a realización dunha proba piloto da reapertura do lecer nocturno, a 12 de xuño de 2021, na Coruña, Galicia, (España).. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta