Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2021 | Actualizada ás 14:06
A presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, anunciou "mostras claras de interese" de operadores polo AVE a Galicia tras o "éxito" na "liberalización" doutras liñas en España.
No acto de presentación do futuro edificio de viaxeiros para a nova intermodal de Santiago de Compostela, Pardo de Vera avanzou ese interese "por parte de operadores que están a estudar de forma prioritaria facerse con material rodante", é dicir, adquirir trens, que é o máis custoso.
O interese deses operadores supón "vir a Galicia e contribuír ao incremento de frecuencias e contribuír á redución de prezos", "en definitiva, democratizar as relacións de longo percorrido".
E é que "a liberalización que está a funcionar no corredor Madrid-Barcelona e que este ano funcionará no corredor do Levante", explica a responsable de Adif, "está a ser un éxito" e "está a axudar a recuperar os tráficos anteriores á pandemia".
Os trens da empresa Ouigo inauguraron o pasado mes de maio a liberalización do sector do tren en España coa liña entre Madrid e Barcelona. Pola súa banda, Renfe estrea a súa liña de 'low cost' de alta velocidade con Avlo.
"Estamos a escribir o futuro de Galicia, o interese que esperta a nova conexión de alta velocidade, a disposición para adquirir compromisos de investimento de gran impacto na liberalización", afirma Isabel Pardo de Vera. "Os monopolios son vida tranquila e sabémolo", di, polo que este interese: "Demostra o gran futuro que temos por diante".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.