Temas: SANIDADE SERGAS

O Sergas atenderá nun máximo de 12 meses pacientes en lista de espera cirúrxica que rexeiten ser derivados á privada

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/06/2021 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comprométese a atender nun centro do sistema sanitario público nun prazo máximo de 12 meses a aqueles pacientes en lista de espera para unha intervención cirúrxica que rexeitasen a súa derivación a un centro concertado.

Consultas externas de Farmacia no Hospital Naval de Ferrol
Consultas externas de Farmacia no Hospital Naval de Ferrol | Fonte: Sergas.

Así consta na resposta remitida pola Consellería de Sanidade ao Valedor do Pobo e que recolle a institución que dirixe María Dolores Fernández na súa memoria anual, presentada este venres.

Nela figura a resposta de Sanidade á recomendación, efectuada xa nos dous últimos exercicios por parte do Alto Comisionado do Parlamento de Galicia, de que a administración contemplase unha alterantiva para aqueles pacientes que rexeiten ser derivados a centros concertados para ser sometidos a unha intervención cirúrxica, posibilidade que establece o decreto de tempos máximos de expera en atención sanitaria non urxente.

O Valedor lembra no seu momeria que no seu informe referido ao ano 2019 xa fixo referencia a que estes pacientes, no momento en que rexeitaban ser intervidos nun centro privado, pasaban a figurar nunha lista coñecida como "non estrutural" na que non se aplicaba o criterio de espera máximo para estas cirurxías, é dicir, 180 días.

Nunha comunicación trasladada polo departamento autonómico o 23 de marzo de 2020, Sanidade manifesta o seu "compromiso" a que estes pacientes "non estean en lista de espera máis dun ano naqueles procesos non complicados".

Por tanto, o Valedor interpreta que "a vontade" da Administración galega é fixar como tempo máximo un período de 12 meses para que estas persoas sexan intervidas nun centro público.

Temas: SANIDADE SERGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta