A valedora denuncia que se penalizace ás investigadoras por gozar de baixas de maternidade

Así figura no informe anual do Valedor do Pobo referente a 2020, no que se recolle unha queixa de investigadoras que denunciaron a ausencia deste tipo de mecanismos compensatorios por tempo de inactividade por gozar de permisos de xestación e maternidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2021 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

A valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, afeou as penalizacións sufridas nos seus contratos doutorais por investigadoras por gozar de baixas de maternidade, á vez que demandou ás administracións que adopten mecanismos correctores para evitar que o feito de ser nai ou pai supoña un problema no desenvolvemento das carreiras profesionais científicas.

Así figura no informe anual do Valedor do Pobo referente a 2020, no que se recolle unha queixa de investigadoras que denunciaron a ausencia deste tipo de mecanismos compensatorios por tempo de inactividade por gozar de permisos de xestación e maternidade.

Na súa actuación, o Alto Comisionado do Parlamento galego requiriu a mediados de ano á Consellería de Educación a apliación deste tipo de medidas a través da regulación "con claridade" dos efectos da suspensión dos contratos por baixas de maternidade e paternidade co fin de evitar que estes investigadores se vexan penalizados polo tempo de inactividade respecto dos seus compañeiros.

No entanto, no mes de decembro, outros afectados volveron requirir a intervención da valedora "pola falta de concreción" sobre estas medidas compensatorias nas bases da próxima convocatoria, publicada a través dunha orde do 31 de decembro 2020; o que motivou que a institución se dirixise ás consellerías de Educación e Economía para solicitar información respecto diso.

A valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño, presenta en comisión a memoria da institución de 2019. PARLAMENTO DE GALICIA (CAPTURA)
A valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño, presenta en comisión a memoria da institución de 2019. PARLAMENTO DE GALICIA (CAPTURA)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta