Case 1,49 millóns de persoas vacinadas en Galicia contra a covid-19

Preto dun millón de cidadáns xa teñen a pauta completa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/06/2021 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

Galicia achégase ao millón e medio de persoas vacinadas con polo menos unha dose contra a covid-19. En concreto, hai 1.489.408 galegos con polo menos a primeira picada --26.796 máis que hai un día-- o que representa o 63,04% da poboación susceptible a vacinar.

Unha muller recibe unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021
Unha muller recibe unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

En canto aos galegos que teñen xa a pauta completa, achéganse ao millón ao haber 974.487 --4.829 máis que hai un día--, que supoñen o 41,24% de todas as persoas que poden recibir a vacina.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do venres, que indican que se administraron ata o momento 2.385.702 doses --30.625 nas últimas 24 horas--, que supoñen o 94,13% das recibidas.

GRUPOS DE IDADE

Por grupos de idade, ata o momento 130.973 persoas maiores de 85 anos recibiron polo menos unha dose (+11); 95.878 de 80 a 84 anos (+9); 133.871 de 75 a 79 anos (+35); 152.193 de 70 a 74 anos (+32); 153.533 de 65 a 69 anos (+72); 172.907 de 60 a 64 anos (+135); 180.573 de 55 a 59 anos (+401) e 188.165 de 50 a 54 anos (+579).

Así, ata a data administrouse polo menos unha picada a 1.208.063 persoas maiores de 50 anos en Galicia, 1.274 máis que a xornada anterior, que constitúen un 94,61% dos galegos a vacinar a partir desa idade.

A elas súmanse 183.272 persoas de 45 a 49 anos (+19.609) e 36.256 de 40 a 44 anos (+5.657). Deste xeito, ata a data foron vacinadas 219.528 persoas de 40 a 49 anos, que representan un 49,55% dos cidadáns desta franxa.

Desde a semana pasada están chamados uns 386.000 galegos destas idades, xa que os restantes foron vacinados previamente por estar incluídos en persoal sanitario, sociosanitario ou traballadores de actividades esenciais, entre outros.

Ademais, foron vacinadas 21.765 persoas de 35 a 39 anos (+107); 17.539 de 30 a 34 anos (+58); 14.103 de 25 a 29 anos (+38); 7.594 de 20 a 24 anos (+29); 804 de 15 a 19 anos (+24) e 12 de 10 a 14 anos (sen cambios).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta