Soben a 251 os casos activos de covid-19 en centros educativos galegos e a 10 as aulas pechadas

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/06/2021 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

Os casos activos nos centros, institutos e gardarías de Galicia experimentaron un lixeiro incremento, pasando de 242 a 251, e que obrigan a manter pechadas polo menos unha decena de aulas debido á pandemia.

Mesas e cadeiras recollidas nunha aula dun colexio
Mesas e cadeiras recollidas nunha aula dun colexio | Fonte: Iván Terrón - Europa Press - Arquivo.

Así se desprende do balance facilitado polo Goberno galego este sábado, no que a área da Coruña pasa de 69 a 82 casos, ademais de cinco aulas pechadas, tres delas no CEIP Sagrada Familia con 10 positivos, unha na escola infantil Monte Alto e outra no CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal, con sete casos.

A área de Vigo, pola contra, baixa ata os 43 casos activos e conta cunha aula pechada no CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro, que mantén cinco positivos.

Séguelle a de Lugo, con 34 casos activos e a de Ferrol que rexistra 31 casos activos, ambas as dúas sen aulas pechadas. Nesta área destaca o IES Sofía Casanova, con sete positivos.

Mentres, a área de Ourense baixa ata os 28 contaxios cunha aula pechada, a de Pontevedra rexistra 17 casos activos e dúas aulas pechadas e a de Santiago sitúase como a de menor incidencia de Galicia, con 16 positivos e unha aula afectada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta