Galicia comeza o verán con 1.250 casos activos de Covid e 59 pacientes ingresados

A taxa de positividade mantense por baixo do 2% nun 1,8% no conxunto da Comunidade galega

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Galicia inicia o verán con 1.250 casos activos de Covid-19 --tras catro días en descenso continuo--, 59 pacientes hospitalizados por este coronavirus --un menos que a xornada anterior-- e 56 novos contaxios --case unha vintena menos--.

Segundo os datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, os pacientes Covid hospitalizados no conxunto de Galicia en UCI ascenden a 16 --un máis-- e os que permanecen noutras unidades descenden a 43 --dúas menos--.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende lixeiramente nas de Santiago e Barbanza e na de Ourense; mentres que aumenta na de Vigo; e mantense nas da Coruña e Cee, Lugo, Ferrol e Pontevedra e O Salnés.

En concreto, na área de Santiago e Barbanza segue un paciente Covid en UCI e descende a dous os doutras unidades --un menos--; mentres que na de Ourense mantense un en críticos e redúcense a dous os doutras unidades --un menos--.

Polo seu lado, na de Vigo aínda que continúan dúas persoas ingresadas pola Covid en UCI, ascenden a nove os pacientes doutras unidades --un máis--; mentres que na de Ferrol aumentan a tres os críticos --un máis-- e redúcense a cinco os doutras unidades --un menos--.

Na da Coruña e Cee mantense sete ingresados en UCI e 15 noutras unidades; na de Lugo segue un en críticos e tres noutras unidades; e na de Pontevedra e O Salnés, un e sete, respectivamente.

CASOS ACTIVOS EN DESCENSO

Pola súa banda, os casos activos de Covid-19 continúan coa tendencia descendente por cuarta xornada consecutiva e arrincan este verán con 1.250, que supoñen 20 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (75) que contaxios (56), ao que se engade un falecemento. Por tanto, sitúanse en niveis de finais da primeira quincena ce agosto do ano pasado --o 14 dese mes había 1.214--.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden nas de Vigo (-14), Santiago e Barbanza (-10) e Lugo (-3); aumentan nas da Coruña e Cee (+5), Ferrol (+1) e Pontvedra e O Salnés (+1), mentres que se manteñen na de Ourense.

Deste xeito, á cabeza segue a área da Coruña e Cee, con 439 casos activos; séguelle a de Vigo, con 197; Lugo, con 151; Ourense, con 142; Pontevedra e O Salnés, con 119; Ferrol, con 102; e á cola colócase a de Santiago e Barbanza, con 100.

MENOS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid detectados con calquera tipo de proba arrincan esta semana con 56 en Galicia, que supoñen 19 menos que a xornada anterior, na que houbo 75. No conxunto de Galicia foron confirmados 56 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados por Sanidade, 20 menos que a xornada pasada, dos cales 23 corresponden á área da Coruña e Cee; nove, á de Lugo; oito á de Ourense; outro oito, á de Santiago e Barbanza; tres á de Ferrol; outro tres, á de Pontevedra e O Salnés; e dous, á de Vigo.

En canto á taxa de positividade, continúa por baixo do dous por cento ao iniciar esta semana cun 1,8 por cento. Por iso, continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

Arquivo - Unha mesa dunha terraza tachada cunha cinta de prohibición nunha rúa de Vigo,. Europa Press - Arquivo
Arquivo - Unha mesa dunha terraza tachada cunha cinta de prohibición nunha rúa de Vigo,. Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta