Os sanitarios que se acolleron ao bono turístico, co que a Xunta premiou o seu labor, terán que declaralo a Facenda

CIG- Saúde critica esta situación e considera que bono é un regalo "envelenado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

A delegada de CIG-Saúde en Lugo, Rosa González, criticou que os sanitarios que se acolleron ao bono turístico da Xunta terán que declaralo a Facenda. Trátase do bono de 250 euros que impulsou o Goberno galego para o uso e goce do persoal sanitario polo seu traballo durante a pandemia e que agora se lles grava na declaración da Renda.

Así Rosa González puntualizou que "todo o mundo que fixo o bono e o gastou teno que declarar como rendemento en especies". "Son os típicos agasallos que din que fan e que son envelenados, que no canto de substituír á xente e utilizar ese diñeiro para mellorar a asistencia saen con estes bonos e telos que declarar", protestou.

A delegada de CIG Saúde alerta de que "son moitos os afectados", para lembrar seguidamente que este sindicato se "opuxo" aos mesmos, e que nin sequera o pediron "nin asinado". "Hai xente comprometida que non o solicitou e que prefería que ese diñeiro se investise noutra cousa, pero si que o pediu moita xente, igual o 80 por cento do persoal", detallou.

Profesionais sanitarios traballan nun hospital. FRANCISCO HAVIA
Profesionais sanitarios traballan nun hospital. FRANCISCO HAVIA | Fonte: UNIVERSIDADE DE VIGO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta