Ourense será a sede do 'Cume Internacional de Innovación e Excelencia Pública' desde este martes

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, participou este luns nunha reunión previa con Sergio Arredondo, secretario executivo da FLACMA, e destacou a oportunidade para seguir tendendo pontes de colaboración entre Ourense e América".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

Ourense acolle entre o martes e o mércores desta semana o 'Cume Internacional de Innovación e Excelencia Pública', un evento de capacitación cooperativa impulsado pola Deputación de Ourense, a George Washington University, o Instituto Internacional de Mercadotecnia e Comunicación e a Federación Latinoamericana de Cidades, Municipios e Asociacións de Gobernos Locais (FLACMA).

Gobernos locais e provinciais de España e 16 países de Iberoamérica danse cita neste encontro formativo, presencial e virtual, que se celebra no centro cultural 'Marcos Valcárcel' da Deputación de Ourense, co obxectivo de intercambiar de experiencias innovadoras no ámbito local e promover unha xestión pública baseada na calidade, a accesibilidade e a innovación.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, participou este luns nunha reunión previa con Sergio Arredondo, secretario executivo da FLACMA, e destacou a oportunidade para seguir tendendo pontes de colaboración entre Ourense e América"

"Reforzarían os importantes vínculos históricos e sociais que xa unen ao noso territorio provincial coa práctica totalidade dos países americanos", afirma Baltar, quen considera que este cume "será un magnífico elemento para canalizar, a través da formación e o intercambio de experiencias na xestión pública, proxectos e iniciativas de boas prácticas administrativas e gobernamentais".

PREPARACIÓN OLÍMPICA

Doutra banda, Ourense acollerá por primeira vez a visita da selección española absoluta de balonmán a través do torneo 'Ourense Provincia Termal' que organiza a Deputación xunto coas federacións galega e nacional desta disciplina.

O evento contará coa participación da selección nacional fronte á de Exipto o próximo 29 de xuño no Pazo do Deportes 'Paco Paz'. Na xornada previa ao torneo tamén haberá balonmán ao máis alto nivel en Ourense coa disputa do partido entre as seleccións de Croacia e Exipto.

Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense
Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense | Fonte: Deputación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta