Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 19:21
A portavoz da Marea Atlántica, María García, instou ao goberno local a pór en marcha un programa ante "o crecente número de locais baleiros" na cidade. "Cada día hai máis persianas baixadas e cada local sen uso significa menos emprego, menos servizos nos barios e deterioración do espazo público", expuxo ante os medios de comunicación.
Ademais, dixo que, unha vez estea aprobado o novo plan de recuperación económica e social (Presco) coas axudas máis urxentes, "hai que ofrecer solucións para este problema".
En rolda de prensa, María García fixo públicos os datos dun estudo encargado polo goberno local para coñecer o número de baixos sen uso nas distintas zonas da Coruña. Son, dixo, polo menos, 755, e case a metade (48%) concéntranse entre Catro Camiños, Monte Alto, Agra do Orzán, Ventorrillo e Os Mallos. Catro Camiños é a zona na que se sinalan máis locais baleiros, 117.
"Os datos son preocupantes, pero mostran unha radiografía de fai catro meses e o peche de locais continuou desde aquela". "Como vimos advertindo, o aumento dos locais sen uso precisa atención e compromiso serio", explicou María García.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.