A Xunta coloca unha mouteira do Camiño de Santiago no cuartel da Garda Real en Madrid

Di que é porque todos os anos integrantes deste corpo e as súas familias realizan unha peregrinación a Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou este luns na inauguración da mouteira situada no cuartel da Garda Real, no Pardo.

Alfonso Rueda indicou que esta mouteira foi solicitado pola Garda Real polo seu "especial simbolismo", xa todos os anos membros deste corpo e as súas familias realizan unha peregrinación a Santiago de Compostela. En xullo farano uns 154 militares e os seus achegados.

"Levamos moitos meses traballando para poder contar cun Xacobeo completamente seguro, coa mellora dos albergues, coa formación do seu persoal e coa activación do seguro coronavirus, polo que podo afirmar que Galicia é un destino seguro", finalizou Alfonso Rueda.

Ao longo desta semana vanse a celebrar actividades culturais e folclóricas, así como actos de promoción do Xacobeo en Madrid, para convidar os seus cidadáns a gozar dunha terra preparada para recibir como destino seguro a turistas e peregrinos, cunha programación e unha oferta que este ano vai dirixida, sobre todo, ao turismo nacional.

Alfonso Rueda en Madrid. XUNTA
Alfonso Rueda en Madrid. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta