Morre un home de 60 anos ao precipitarse desde un hotel en Ourense

A Unidade Central de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) investiga xa o caso.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 21/06/2021 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

Un home de 60 anos faleceu este luns na cidade de Ourense tras precipitarse pola xanela dun céntrico hotel.

Segundo informa a Policía Nacional, a Unidade Central de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) atópase investigando o sucedido.

Á espera da investigación, polo momento non se detectaron signos de violencia neste caso ocorrido en cálea Cardeal Quevedo, sinala a Policía.

Unha ambulancia na entrada do hospital
Unha ambulancia na entrada do hospital | Fonte: M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta