A Xunta critica a Sánchez por baixar o IVE da luz meses despois de pedirllo

Francisco Conde acusa ao Goberno de "improvisar" despois de que este atendera a medida solicitada pola Xunta a finais do pasado xaneiro: baixar o IVE da luz do 21% ao 10%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2021 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia cualificou a baixada do IVE da luz (do 21 ao 10 %) como unha "improvisación" do Goberno central e reclamou que, ademais desta medida fiscal, se adopten "outras medidas que xeren estabilidade" para que non sexan as familias e as empresas as que paguen "o custo da transición enerxética". Un apuntamento que contrasta coa petición da propia Xunta de Galicia, o pasado mes de xaneiro, demandando ese mesmo descenso impositivo ata o 10%.

O vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde
O vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde | Fonte: Xunta de Galicia.

Así o manifestou o vicepresidente económico do goberno galego, Francisco Conde, en declaracións aos medios antes de participar nun acto no Círculo de Empresarios en Vigo. Cuestionado acerca desta rebaixa, Conde afirmou que o Executivo de Sánchez actúa cunha "improvisación continuada".

"O Goberno segue improvisando ante unha política enerxética que xera un incremento descontrolado do prezo da luz, e que afecta as familias e ao tecido produtivo", recalcou, e engadiu que "parece que agora (o Executivo) vai atender a demanda que lle trasladamos, que é a rebaixa da fiscalidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta