Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2021 | Actualizada ás 09:00
O 'Dígocho Eu' volve estar no centro das olladas, mais neste caso por unha polémica. O programa revelación da CRTVG vén de ser obxecto de conversa na esfera galegas das redes sociais con motivo dun programa que versaba sobre as formas adminitidas e non admitidas da palabra cartel --ou cartaz--. Precisamente, a polémica emerxeu despois de que o espazo recomendara o emprego da forma cartel, unha circunstancia que non agradou a parte dos ususarios implicados no debate.
Nin *cartaz nin *cartaces 🖼🙅 Sabes por que? Explicámoscho neste novo episodio! 😉 #DígochoEu 👉 https://t.co/amsOUSTUM6 pic.twitter.com/kf3mcGJVck
— G24 (@G24Noticias) June 21, 2021
A intervención do programa xerou críticas máis e menos acedas de parte dos tuiteiros que responderon á publicación.
Foron moitos anos de militancia estudantil, e moitos cartaces feitos como para mudalo agora (sendo que non é un castelanismo). Anti-RAG e anti-RAE sempre.😩🤦♀️
— Katze Hölderlin (@Paula270192) June 21, 2021
Tamén houbo quen se declarou insubmiso ante a norma ou botou man do Diccionario de diccionarios, unha ferramenta da UVigo, para facer fincapé na traxectoria histórica desta palabra no galego ao longo dos séculos.
Pois eu digo cartaz e seguirei usándoo.. 🤭💪
— Cris L. Graça (@CrisEleGue) June 21, 2021
"Cartel" nos dicionários históricos galegos https://t.co/KZfVHFrA6x
— José Ramom Pichel (@jramompichel) June 21, 2021
ACLARACIÓNS DA TVG
A contestación levou á conta oficial da CRTVG a emitir unha serie de "aclaracións" coas que pretendía puntualizar algunha das cuestións etimolóxicas apuntadas no vídeo pola xornalista Esther Estévez. Con todo, tamén este engadido foi cuestionado por algúns usuarios.
ACLARACIÓNS | 1) Este capítulo foi modificado lixeiramente para afinar algunha cuestión de etimoloxía.
— G24 (@G24Noticias) June 21, 2021
2) O portugués tamén admite 'cartel' como sinónimo de 'cartaz'. E úsase tamén, por exemplo, para designar os participantes nunha 'tourada' (corrida de touros).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.