Absolto de prevaricación o exalcalde de Ordes

Manuel Regos fora acusado pola autorización de licenzas a locais de lecer. O tribunal "irregularidades".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/06/2021 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña absolveu a Manuel Regos, alcalde de Ordes entre os anos 2007 e 2015, dun delito continuado de prevaricación administrativa ao autorizar licenzas a locais de lecer, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Manuel Regos (dereita), co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda
Manuel Regos (dereita), co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda | Fonte: Xunta de Galicia.

"Como se deriva de toda a documental, a tramitación dos expedientes de cambio de licenza e concesión de nova licenza non é do todo correcta, con desaxustes en foliado, cambios de anualidade, saltos temporais, repetición de proxectos, falta de seguimento dunha orde temporal", recolle o fallo.

No entanto, sinala que "estas irregularidades, non denunciadas na vía administrativa-, non integran a figura do delito de prevaricación, non se acredita un previo concerto cos empresarios da hostalaría nocturna", conclúen os xuíces, quen destacan que "varias desas peticións de cambio de licenza foron denegadas".

O tribunal relata que, entre 2009 e 2012, "un significativo número de locais de lecer nocturno" solicitaron no concello cambios de licenza de pub a café concerto, café cantante ou taboado flamenco para, posteriormente, regresar a licenza de pub.

A finalidade destes cambios, segundo indican os maxistrados, era obter unha mellora no horario de peche. "Non resulta acreditado que o acusado, durante o seu mandato como alcalde, dese un trato de favor á hora de xestionar as licenzas a determinados locais ou sociedades", indica a Audiencia. No xuízo, tras a denuncia dun particular, a Fiscalía non exerceu a acusación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta