Pontevedra loce con orgullo as coloridas siglas LGBTIQA

A instalación das "Letras coloridas" é o eixo vertebrador do Orgullo 2021 en Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2021 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

A Casa Consistorial de Pontevedra acolleu este mércores a instalación artística "Letras Coloridas", un dos actos do Orgullo 2021 en Pontevedra que ten como protagonistas letras luminosas que representan cada un dos colectivos da comunidade LGTBIQA. Cada letra está acompañada da súa definición e a instalación destas ten un dobre obxectivo didáctico e reivindicativo ante o avance dos discursos de odio e a intolerancia. 

'Letras Coloridas' na Casa Consistorial de Pontevedra
'Letras Coloridas' na Casa Consistorial de Pontevedra | Fonte: Concello de Pontevedra

O acto estivo presidido polo tenente de alcalde, Tino Fernández e pola concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, quen asegurou que "estamos nun momento no que resulta máis importante que nunca visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero e afirmar os dereitos conquistados polo colectivo con moita sangue e bágoas".

A concelleira tamén se referiu á decisión da UEFA de prohibir iluminar o estadio de Allianz Arena Múnich: "Non é un problema político, ogallá o fora. É un problema de conquerir dereitos e iso afecta a toda a sociedade". 

O programa do Orgullo 2021, que comezou cunha charla inaugural impartida este luns polo activista Jotdi Petit, complétase con outras actividades e eventos para visibilizar o colectivo. Entre eles destacamos os arranxos florais de temática LGTBIQA  o venres 25 de xuño, un Gastroespazo do Mercado de Abastos o sábado ás 22:30h e unha charla sobre o "Dereito á diversidade" da man de Fito Ferreito, que vén de demandar á TVG por acoso laboral por mor da súa orientación sexual. Para os máis cativos tamén haberá diferentes actividades como contacontos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta