O curso escolar conclúe con 284 casos activos en centros educativos de Galicia e 8 aulas pechadas

Houbo 16 casos máis que a penúltima xornada de clase.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2021 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O curso escolar da pandemia 2020-21 concluíu con 284 casos activos de Covid-19 nos centros non universitarios de Galicia --colexios, institutos e escolas infantís--, que supoñen 16 máis que a penúltima xornada de clase, e con oito aulas pechadas pola incidencia deste coronavirus --dous delas en escolas infantís, que seguen abertas--.

Ademais, o curso escolar terminou sen centros pechados pola Covid-19, ao saír da lista o único que había na xornada anterior: a Escola Infantil Moraña por un positivo.

Así se desprende dos datos actualizados este mércores polas consellerías de Educación e Sanidade, recollidos por Europa Press, nos que se inclúen rexistros da última xornada escolar --este 22 de xuño finalizou o curso académico 2020-21--.

As infeccións activas en centros educativos descenderon unicamente na área de Ferrol (-3), mantivéronse sen cambios nas de Lugo e Ourense e aumentaron nas de Pontevedra (+7), Vigo (+6), A Coruña (+5) e Santiago (+1).

Mesas e cadeiras recollidas nunha aula / Iván Terrón - Europa Press - Arquivo. / Europa Press
Mesas e cadeiras recollidas nunha aula / Iván Terrón - Europa Press - Arquivo. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta