Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2021 | Actualizada ás 13:30
A proposta que Galicia defenderá no Consello Interterritorial de Saúde é que se retire a obrigatoriedade de máscara nos espazos exteriores con carácter xeneralizado, pero haberá que poñela cando non se poida cumprir a norma de metro e medio de distancia. Isto implica que, a xente, terá que estar pendente en todo momento, de se cumpre esta distancia para poñer ou non a máscara, especialmente, nas cidades.
Tamén será necesario o seu uso en terrazas --salvo no momento do consumo-- ao non poder manterse esta distancia entre persoas, pero non, por exemplo, nun paseo entre convivintes.
Na súa comparecencia, tras reunirse na pasada xornada o comité clínico, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, queixouse de que o Goberno non informase do seu plan nas comunidades, e defendeu que a proposta de Galicia é "clara" e "sólidamente construída" en base a criterios médicos, aínda que matizou que se modificará se así o esixe un real decreto do Executivo estatal.
No caso dos concellos con nivel máximo de risco (máis de 500 casos por cada 100.000 habitantes) --neste momento non hai ningún en Galicia-- habería que manter a máscara no exterior. E Feijóo remarcou que "será obrigatorio", en todo caso, levala "sempre encima". "Formará parte das nosas pertenzas obrigatorias", sentenciou.
Do mesmo xeito que no caso dos aforamentos, a idea é que a norma entre en vigor --neste caso haberá que estar pendentes da decisión estatal, que podería modificar o plan da Xunta-- desde este sábado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.