O proxecto 'Camiño de Historias' promociona as rutas xacobeas

Recolle máis dun cento de vídeo-historias sobre as experiencias de peregrinos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/06/2021 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

Máis dun cento de vídeo-historias sobre as experiencias dos peregrinos que percorreron 3.500 quilómetros a través de seis das rutas xacobeas -o Camiño Francés, o Portugués, o de Fisterra-Muxía, o Inglés, o do Norte e o de Inverno- integran o proxecto 'Camiño de Historias', que se presentou este mércores nun acto no que participou a directora de Turismo, Nava Castro.

Unha peregrina camiña cara a Santiago de Compostela por onde transcorre o Camiño de Santiago francés
Unha peregrina camiña cara a Santiago de Compostela por onde transcorre o Camiño de Santiago francés | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Esta web audiovisual é unha das iniciativas beneficiarias da primeira edición do programa 'O teu Xacobeo' e conta cunha axuda de 20.000 euros.

Nava Castro destacou que a iniciativa permite "dar a coñecer o Camiño a través dos ollos dos peregrinos e das súas vivencias e como eles vén a cultura, a historia e o patrimonio de Galicia".

De feito, as gravacións levadas a cabo por profesionais realizáronse en puntos estratéxicos para o turismo galego, incluíndo bens declarados Patrimonio da Humanidade e poden consultarse na páxina www.caminodehistorias.com.

O proxecto conta, ademais dos relatos audiovisuais agrupados por Camiños, cun podcast recompilatorio para consultar recomendacións de aloxamentos, gastronomía e visitas culturais.

'Camiño de Historias' é unha dos 350 proxectos beneficiarios da primeira edición de 'O teu Xacobeo', no que a Xunta investiu 4,7 millóns de euros, "e que está a permitir levar o espírito do Camiño por todo o territorio galego", sinala.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta