O papel das mulleres no Camiño, unha nova visión sobre as peregrinacións a Santiago

Casa Museo Rosalía de Castro de Padrón será o lugar onde se realice o IV encontro do ciclo 'Xacobeo Peregrinas', o primeiro con participación presencial.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2021 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Casa Museo Rosalía de Castro de Padrón (A Coruña) acollerá este sábado, día 26 de xuño, o IV encontro do ciclo 'Xacobeo Peregrinas', no que profesionais de distintas disciplinas analizarán a comunicación a través da palabra, das redes ou da música; a ciencia e a docencia, así como o Camiño e a visión como peregrinas e como mulleres.

A iniciativa, impulsada de forma conxunta por Turismo de Galicia e a Secretaría Xeral de Igualdade, contará coa participación nesta sesión da directora xeral de Emprego, Traballo Autonómo e Economía Social, Covadonga Toca.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, aínda que os encontros retransmítense vía streaming a través da canle de Youtube do Camiño de Santiago, como novidade este será o primeiro que se celebrará con participación presencial de público, conformado por asociacións e colectivos vinculados á muller e ao Camiño.

A escritora e comunicadora Isabel Chairos 'Isasaweis', a directora da axencia de viaxes especializada no Camiño, Tee Travel, Mar Rodríguez; a cantante e poeta Uxía Senlle e a neurocientífica e profesora, Sonia Villapol, serán as protagonistas desta nova sesión de encontros cos que se busca articular un relato do Camiño de Santiago desde o punto de vista de xénero.

O Camiño portugués servirá de fío condutor desta nova xornada que estará conducida pola xornalista e escritora María Solar. Despois de Santiago, Mondoñedo e Xunqueira de Ambía, este cuarto encontro servirá para sumar relatos, vivencias e conexións entre mulleres profesionais de distintas disciplinas e procedencias, dando a coñecer ao público os Camiños de Santiago desde outras perspectivas, a través dun formato innovador, atractivo e próximo.

Casa-museo de Rosalía Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fundación Rosalía Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fundación Rosalía Casa da Matanza, hoxe Casa-Museo de Rosalía de Castro
Casa-museo de Rosalía Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fundación Rosalía Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fundación Rosalía Casa da Matanza, hoxe Casa-Museo de Rosalía de Castro | Fonte: Rosalía.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta