O 23,8% dos fogares galegos quentan a auga con electricidade e o 25,18% teñen calefacción eléctrica

Humidades e deficiencias de illamento térmico e acústico, problemas máis habituais.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/06/2021 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

O 99,63% dos fogares galegos dispuña en 2020 de auga quente nas súas vivendas (1.064.956) e o 75,48% tiña calefacción (806.768), segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Unha billa de auga para consumo humano
Unha billa de auga para consumo humano | Fonte: Europa Press.

O 34,58% dos fogares con auga quente na súa vivenda utiliza o propano/butano. As seguintes fontes de enerxía máis utilizadas son a electricidade (23,8%), o gas natural (22,82%) e o gasóleo (18,75%).

Para o sistema de calefacción, a máis habitual é o gasóleo (34%) e séguenlle gas natural (25,34 %), electricidade (25,18%) e biomasa (14,04 %).

En relación aos servizos exteriores, o 84,84% dos fogares tiña conexión pública de augas residuais e unha porcentaxe similar, conexión á rede pública de auga potable.

Mentres, a porcentaxe de fogares con servizo de recollida selectiva de lixo sitúase no 82,24%.

O 60,3% dos fogares contaba en 2020 cun centro de saúde ou ambulatorio públicos a unha distancia aproximada de 15 minutos a pé da súa vivenda e o 36,93% utilizando algún medio de transporte. O 2,77% restante non dispuña del a esta distancia.

Por outra banda, o 56,72% dos fogares tiña acceso a unha gardaría pública a unha distancia de 15 minutos a pé da súa vivenda, o 17,1% utilizando algún medio de transporte público, o 19,9 % con algún medio de transporte privado e o 6,28% restante non tiña acceso a este servizo a unha distancia igual ou inferior a 15 minutos.

Entre os problemas máis habituais sufridos polas vivendas atopábanse as humidades e deficiencias de illamento térmico e acústico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta