Temas: RENFE TREN TURISMO

A Ruta dos Faros inaugura os trens turísticos, coa metade das prazas esgotadas para a campaña

Arrinca este sábado 26 de xuño e durará até o próximo mes de outubro.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/06/2021 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

A Ruta dos Faros inaugura este sábado a tempada dos Trens Turísticos de Galicia, que xa venderon a metade das 1.532 prazas ofertadas para a campaña estival.

Camiño dos Faros
Camiño dos Faros | Fonte: www.galicia10.com

Unha tempada que se estenderá desde este sábado 26 de xuño ao próximo mes de outubro e que aglutina un total de once rutas que van desde unha centrada no Camiño de Santiago a outras sobre a lamprea ou a cultura vinícola.

Tras o parón do ano pasado motivado pola pandemia, os trens turísticos, que botaron a andar no ano 2013 relánzanse esta tempada.

E fano en Galicia co da Ruta dos Faros, unha das opcións que máis demanda está a ter, segundo resalta Renfe, que cifra no 72% a porcentaxe de billetes vendidos.

O calendario deste ano das rutas de Trens Turísticos de Galicia, que mantén o prezo de 2019 de 45 euros para adultos e 20 euros para neno en cada ruta.

Así, configúrase con todas as saídas en sábado, 22 en total, até completar os 11 percorridos nos que se ofertan máis de 1.500 plazas durante toda a campaña.

Temas: RENFE TREN TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta