Os estudantes contaxiados de COVID no 'macrofoco' en Mallorca xa superan os 800 casos

Hai oito autonomías con casos implicados.

Por Europa Press / Redacción | Mallorca | 27/06/2021 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

A Comunidade de Madrid, a Comunidade Valenciana e Cataluña notificaron nas últimas horas novos casos de COVID-19 asociados a focos vinculados a viaxes de fin de curso a Mallorca, co que o reconto total de casos entre estudantes supera xa os 800, segundo información proporcionada polos distintos gobernos autonómicos.

En concreto, a Comunidade de Madrid contabilizou xa 410 casos; Galicia 70; País Vasco 126; Comunidade Valenciana 104; Cataluña 64; Murcia en 20; Castela-A Mancha 11 e Aragón 10.

A estes positivos notificados polas CCAA, hai que sumar os 33 positivos na illa de Mallorca notificados polo Govern balear entre estudantes de diferentes comunidades. Estes 33 mozos e outros 45 foron trasladados ao hotel ponte covid Palma Bellver. Así, os casos positivos de coronavirus asociados ao 'macrofoco en Mallorca que puideron ser constatados ata a data ascenden a 848 en total.

Dúas sanitarias preparan probas PCR
Dúas sanitarias preparan probas PCR | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta