O BNG levará ao próximo pleno na Coruña unha moción contra a nova tarifa eléctrica

Demandará a creación de mecanismos que compensen que Galicia sexa produtora de enerxía.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/06/2021 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O BNG defenderá no pleno do próximo 8 de xullo do Concello da Coruña unha moción contra a subida da factura da luz e na que demandará a creación de mecanismos para que Galicia se benefície de ser produtora de enerxía.

Segundo explica o BNG nun comunicado, a reforma que implica este decreto xera un "impacto negativo" nos consumidores e consumidoras, especialmente naquelas persoas adheridas xa con anterioridade ao sistema de discriminación horaria.

"En Galicia hai máis de medio millón de fogares adheridos a esta modalidade que verán como a súa factura experimenta un aumento que pode chegar a superar o 30%", apuntou o portavoz nacionalista en María Pita, Francisco Jorquera.

A formación nacionalista espera o apoio do pleno para instar o Goberno a que rectifique e abra un novo proceso de regulación da tarifa eléctrica máis xusto social e territorialmente.

O BNG sinala que desde o punto de vista territorial fai falta "beneficiar aqueles territorios que, como Galicia, son produtores de enerxía, compensando o forte impacto ambiental e social que sofren cun abaratamento dos prezos".

Francisco Jorquera BNG
Francisco Jorquera BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta