A 'operación saída' da fin de semana vindeira pon en alerta os servizo de emerxencias

Advirten que haberá "tolerancia cero" cos infractores nunha fin de semana para a que están previstos máis de 400.000 desprazamentos en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2021 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

A operación saída das vacacións arrinca este fin de semana en Galicia con case 400.000 dos 8,6 millóns de desprazamentos que se esperan para a tempada estival. As cifras foron achegadas polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, nunha rolda de prensa celebrada este martes no Centro de Xestión do Tráfico da Coruña.

Alí, acompañado polo director do centro, Ramiro Martínez, e a coordinadora da DGT en Galicia, Vitoria Gómez, o delegado pediu "precaución e responsabilidade" de cara á operación saída e en todos os desprazamentos que se produzan este verán. Unha tempada na que se esperan 8,6 millóns de desprazamentos entre os meses de xullo e agoso. Máis de 360.000 daranse este fin de semana, primeiro das vacacións para moitos co arranque de xullo este xoves día 1. Será a primeira fase do catro nas que se divide a operación saída do verán. Durará desde o venres 2 de xullo ás 15,00 horas ata a medianoite do domingo.

SINISTRALIDADE

Tras apelar á precaución, José Miñones mostrou a súa preocupación ante os datos de sinistralidade en 2021, no que se está producindo un repunte despois dun 2020 que marcou mínimos históricos pola pandemia. Así, no que vai de ano 2021 faleceron xa 41 persoas en 27 accidentes de circulación. En todo caso, trátase de cifras similares ás de 2019, previas á a pandemia.

TOLERANCIA CERO

O delegado advertiu de que haberá un maior risco, e considerou que coa chegada do verán, o alivio das restricións e o Xacobeo hai "unha efervescencia perigosa", por iso afirma que haberá "tolerancia cero" co infractor. Para Miñones, as cifras non son só números, xa que considera que tras elas "hai traxedias" e "cada morte é un fracaso". As dúas causas que producen máis accidentes son o exceso de velocidade e consumo de alcol e drogas.

Para velar polo cumprimento das normas haberá 120.000 controis de alcol e 670.000 controis de velocidade. Haberá tamén 600 axentes da Garda Civil, 270 radares, 329 cámaras para controlar o tráfico, 523 paneis de mensaxes de advertencia, un helicóptero e un dron.

Atasco de tráfico na saída de Santiago de Compostela tras o anuncio de peche perimetral. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Atasco de tráfico na saída de Santiago de Compostela tras o anuncio de peche perimetral. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta