O BNG ve "regresivo" o acordo das pensións: "consolidan recortes brutais"

A CIG tamén carga contra un pacto que ve continuísta dos "recortes" desenvoltos en 2011.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2021 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O BNG expresou este martes o seu rexeitamento ao acordo alcanzado polo Goberno cos sindicatos CC.OO. e UGT e as patronais CEOE e Cepyme para reformar o sistema de pensións por penalizar as xubilacións anticipadas e non prever aumentos das pensións mínimas por encima das subidas do resto.

É máis, a formación nacionalista cre que estas medidas son "regresivas" e que "consolidan os recortes brutais" da reforma realizada en 2011 polo PSOE, cando se elevou a 67 anos a idade legal de xubilación. Así mesmo, lembrou que o Goberno adquiriu un compromiso con elevar as pensións mínimas por encima do IPC, indicador que a reforma proxectada polo ministro José Luís Escrivá contempla recuperar para subir estas prestacións.

Finalmente, advirte de que, a pesar de contemplarse a eliminación do actual factor de sustentabilidade o anunciado 'factor de equidade interxeracional' "poderá ter os mesmos efectos negativos", e que outras medidas contempladas, como o apoio aos plans de empresa ou o posible aumento dos anos cotizados para calcular a pensión suporían "novos recortes" no sistema de pensións públicas.

O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego. BNG
O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego. BNG

CIG

O BNG desenvólvese así en liñas paralelas ás debuxadas pola Confederación Sindical Galega, que na mañá do martes 29 desestimou o acordo das pensións porque "non garante unhas contías dignas e consolida os recortes aplicados en 2011 polo PSOE, CCOO e UGT e a patronal", medidas que, de acordo coa formación, "supuxeran unha redución xeneralizada das prestacións". Dende a CIG rexeitan "tanto as formas como o fondo" dun acordo que "non reforza o sistema público e mantén a ampliación da idade de xubilación e do período de cálculo e a supresión na práctica da xubilación parcial".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta