Aplauden que o Goberno luso se mostre "claramente a favor" de destinar recursos estatais e europeos á fronteira

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho valora tamén que o encontro se producira nunha localidade á beira do Miño.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 29/06/2021 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho foi anfitrioa en Vila Nova de Cerveira do Encontro de Cooperación Transfronteiriza organizado polo Goberno portugués e o CCDR-N para abordar os retos de futuro dos territorios transfronteirizos.

A agrupación, en boca do seu vicedirector Uxío Benítez, mostrouse moi satisfeita polo resultado do encontro e, en concreto, polas declaracións da ministra de Coesão portuguesa, Ana Abrunhosa, quen se manifestou "claramente a favor", segundo traslada a AECT, da necesidade de destinar máis fondos tanto europeos como estatais ás zonas de fronteira. Tamén, engadiu a AECT, sobre que os fondos europeos deben impactar de forma específica nos territorios transfronteirizos a favor da súa recuperación e dinamización.

Tras o peche da xornada, o vicedirector da AECT, Uxío Benítez, valorou o feito de que sexa a primeira vez que un Goberno dun Estado organiza un encontro de cooperación transfronteiriza apostase por elixir unha localidade á beira do Miño, como lugar onde reunir a todas as entidades transfronteirizas de España e Portugal.

Ademais da ministra Abrunhosa, quen recoñeceu que a situación no Miño foi "dramática" durante os peches, no encontro participaron outras autoridades, como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Fortaleza de San Lourenzo, en Goián (Tomiño). En Fronte, Vilanova da Cerveira, xa en Portugal
Fortaleza de San Lourenzo, en Goián (Tomiño). En Fronte, Vilanova da Cerveira, xa en Portugal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta