Tres feridos tras chocar o coche no que circulaban con outro aparcado en Vilagarcía de Arousa

Por E.P. | PONTEVEDRA | 30/06/2021 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas, entre elas un menor, despois de que o coche no que viaxaban chocase contra outro vehículo que se atopaba aparcado na rúa Rosalía de Castro, no municipio de Vilagarcía de Arousa.

Segundo informou o 112 Galicia, os Bombeiros do Salnés tiveron que liberar ás tres persoas para que fosen atendidas polo persoal médico desprazado. Ademais, no outro coche implicado atopábase unha moza, que tamén precisou ser valorada polos servizos sanitarios.

Os feitos sucederon sobre as 23,10 horas deste pasado martes e foron varias persoas as que contactaron co 112 Galicia para avisar do accidente.

Tras iso, por parte do CIAE 112 solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilagarcía, da Policía Local, do Servizo Municipal de Emerxencias e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

En concreto, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario da PAC de Vilagarcía de Arousa para atender a tres persoas que foron levadas ao Hospital do Salnés, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

En concreto, foron trasladados ao Hospital do Salnés en ambulancia un menor, o home G.M.M.G., de 59 anos, e a muller M.F.F., de 50 anos, indicaron as mesmas fontes sanitarias.

Imaxe cedida pola Policía Local dun accidente
Imaxe cedida pola Policía Local dun accidente | Fonte: POLICÍA LOCAL DE LUGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta