"A outra cada da Endometriose?", unha campaña sobre o sesgo de xénero na medicina

A Asociación querENDO quere pór de manifesto a desigualdade de atención médica entre homes e mulleres

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Máis de 60.000 galegos agardan unha solución á endometriose. Ante estes datos, a Asociación querENDO Mulleres con Endometrise quere poñer de manifesto o sesgo de xénero que presenta a medicina actual. Faino a través da campaña "A outra cara da Endometriose?" que se realizará a través das redes sociais da asociación a partir do 1 de xullo, coa que se pretende visibilizar a diferenza de atención e de acceso que existe na medicina nacendo homes ou mulleres. 

Campaña 'A outra cara da endometriose?'
Campaña 'A outra cara da endometriose?' | Fonte: querENDO

Con esta campaña ofrecerán testemuños de homes. Dende a Asociación aseguran que "a día de hoxe as testemuñas dos homes seguen a ter un maior impacto na sociedade" pois "a eles nunca os poderiamos imaxinar nunha situación de desamparo por parte dos servizos de saúde, así coma dos centros de investigación"

A través da camapaña "A outra cara da Endometriose?", a asociación quere crear un impacto social vendo como os homes non pasan polas mesmas situacións que as mulleres, así como reivindicar máis investigación e mellor atención para as mulleres que sofren esta enfermidade. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta