As gasolineiras automáticas crecen en Galicia un 18% no último ano

De todas formas, Galicia segue sendo a Comunidade que menos porcentaxe de penetración ten deste modelo de negocio cun 5%, segundo Aesae.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A implantación das estacións de servizo con tecnoloxía para operar en réxime automática as 24 horas do día creceu un 18% en Galicia no último ano. Porén, a pesar do crecemento, a penetración deste modelo de negocio continúa sendo do 5%, un dos porcentaxes máis baixos da Península. A esta conclusión chegou o estudo realidado pola Asociación Nacional de Estaciones de Servicio Autonómicas (Aesae).

Gasolineira - cedida
Gasolineira - cedida

Este tipo de gasolineiras xa superan os 35 puntos de distribución en Galicia. A pesar do impacto económico da crise provocada pola pandemia e as trabas burográticas, Aesae continuou desenvolvendo os seus plans de expansión. "A pandemia deixou patente que as gasolineiras automáticas son necesarias para garantir o suministro en todo o país, o que noi fai pensar que irán a máis", explica o presidente de Aesae, Manuel Jiménez Perona.

No entanto, o modelo ábrese paso de maneira heteroxénera en Galicia, segundo dito estudo, que non contabiliza nin as estacións dos hipermercados nin as cooperativas agrarias. A Coruña é a provincia que máis penetración ten cun 8%. Séguelle Lugo (6%) e Pontevedra e Ourense cun 2%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta