Renovado o convenio entre Abanca e a Federación Galega de Comercio para apoiar os negocios de proximidade

Os comerciantes adheridos continuarán tendo acceso ás vantaxes que se recollen no novo documento, cun plan de financiamento que o banco e a federación crearon de forma específica para dar resposta ás necesidades dos comerciantes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2021 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

Abanca e a Federación Galega de Comercio renovaron o seu convenio de colaboración en apoio aos negocios de proximidade, nun acto no que participaron o director territorial da entidade financeira en Lugo, Javier Soto, e o presidente do colectivo, José María Seijas.

"Este traballo conxunto adquire especial relevancia nos últimos tempos debido á situación que está a vivir o sector causada pola crise da covid-19 e pola competencia fronte ás grandes superficies comerciais", destacan ambas as institucións nun comunicado conxunto.

Tras a firma, os comerciantes adheridos continuarán tendo acceso ás vantaxes que se recollen no novo documento, que inclúe un plan de financiamento que o banco e a federación creado de forma específica para dar resposta ás necesidades dos comerciantes, que se viron incrementadas polas consecuencias da crise.

No texto detállanse produtos e servizos para levar a cabo investimentos e para reforzar a competitividade dos proxectos que realicen os asociados.

Deste xeito, os comerciantes terán acceso a produtos deseñados especificamente, como préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, con "amplos prazos" de amortización, posibilidade de carencias e intereses "moi competitivos".

Co obxectivo de adaptarse ás necesidades "máis inmediatas" da actividade diaria, no texto inclúense outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring. Ademais, Abanca activa as liñas de financiamento oficiais do ICO e as SGR galegas para reforzar o apoio ás necesidades dos comercios e proporcionar solucións ante a crise.

Firma de convenio entre Abanca e a federación galega de comercio. ABANCA
Firma de convenio entre Abanca e a federación galega de comercio. ABANCA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta