O valego, a terceira ponla do galego medieval

Xerais edita "O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres – Estremadura)", unha obra que recolle 20 anos de investigacións dende que se descubrisen estas 'falas raras' aos principios dos 90.

Por Galicia Confidencial | | 06/12/2013 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

O valverdeiro, o lagarteiro e o mañego son variedades esencialmente galegas que, a pesar das diferenzas entre elas constitúen un mesmo ‘dialecto’, o valego, a terceira ponla da lingua galega medieval que segue viva en Estremadura e, máis concretamente, no Val do Ellas, Val de Xálima ou Os Tres Lugaris. O profesor Xosé Henrique Costas descubriu estas ‘falas raras’ a principios dos noventa e, dende entón, van 20 anos de continuas visitas á zona para recoller material que foi dando a coñecer en múltiples relatorios e artigos, agora revisados, actualizados e agrupados nos diversos capítulos de O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres – Estremadura), unha monografía editada por Xerais coa que Costas ve plasmados “20 anos de traballo, vinte anos indo ao Val do Ellas con alumnos, vinte anos sorprendéndome con cousas novas”.

Henrique Costas, autor do libro O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres – Estremadura)
Henrique Costas, autor do libro O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres – Estremadura)

Especializado fundamentalmente nos eidos da dialectoloxía e da sociolingüística, Xosé Henrique Costas define o libro como “o traballo e a paixón de catro lustros por contribuír a un mellor e maior coñecemento da nosa lingua e da nosa historia” e “como ronsel” agarda que non pase desapercibido para as novas e novos investigadores e se animen así a facer as súas teses ou traballos académicos “que esta realidade lingüística e social quere feitas”. Ao tempo, fai tamén fincapé nun dos principais obxectivos da obra: contribuír con “sólidos alicerces” á dignificación, aumento do prestixio social, coñecemento rigoroso e normalización lingüística e cultural en Estremadura deste tipo especial de galego no seu territorio autóctono.

Trátase, tal e como se subliña no Limiar da obra, “de axudar a que se prestixie e sobreviva con vitalidade no seu territorio, non como obxecto coleccionable nin musealizable, nin como curiosidade folclórica visitable nunha reserva ata o seu esmorecemento por falta de coidados ou por inanición, senón como realidade viva, con saúde e con futuro”, recalca Costas.

Xeografía, paisaxe, onomástica... toda unha viaxe en 300 páxinas

Leva xa uns días de presentacións e “o balance é moi positivo, xa que a asistencia da xente é moi grande e os comentarios son bos”. O 27 de decembro fará a presentación no Val do Ellas con filólogos locais “pero nas poucas semanas que xa leva alí o libro á venda ten espertado moito interese”, subliña Costas, quen afirma sentirse “contento e aliviado, contento por velo publicado e aliviado porque xa era unha cousa que levaba adiado demasiadas veces”.

Ao través de case 300 páxinas o volume toca aspectos como a onomástica e a historia do galego na zona, con especial atención á toponimia, dá hipóteses sobre o mantemento da fala e a súa polémica adscrición lingüística e fai unha completa caracterización fonética, morfosintáctica e léxica, para rematar cunha análise da situación sociolingüística e da urxente necesidade de codificación destas falas para o que propón unha solución “á galega”.

Non separa na monografía o estudo lingüístico dos temas sociais e legais, e tampouco escapa dos aspectos políticos, de feito, abre cun longo capítulo sobre o contexto lexislativo e político de todas as linguas minorizadas de España, onde se atende á situación do galego, do vasco e do catalán nos seus diversos territorios “e tamén a situación doutras linguas españolas que moita xente ignora a súa existencia, como ocorre co asturiano, aragonés, aranés, portugués, árabe e tamazig”, recalca o autor, que fai tamén referencia á lexislación lingüística ignorada, particularmente á Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias “e a súa importancia para a normalización do galego de Galicia, máis tamén para o galego estremeiro e do Val do Ellas”.

Novos proxectos en Sardeña e Brasil

Tras deixar atrás varios anos máis centrado en temas de xestión e política universitaria, Xosé Henrique Costas está xa inmerso de cheo en novos proxectos. Nesta nova singradura, entre outros destinos, a tarefa investigadora lévaoo a Sardeña, onde colabora con diferentes movementos, asociacións e editoriais que fomentan a lingua xarda, e tamén a Brasil, onde coopera cun equipo de investigación que traballa en dialectoloxía brasileira. “Pero isto non significa que deixe atrás ao Val de Ellas, para nada”, subliña Costas, ao tempo que explica o seu labor como asesor do goberno estremeño “en todo o relacionado coa lingua do Val do Ellas” na creación do chamado Parque Cultural da Sierra de Gata.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

6 Vasconcellos

É unha pena que os lusólatras ou lusógrafos odien tanto todo o que é galego. No fondo non deixa de ser unha mestura de autoxenreira e galegofobia.

5 Lavadores

A España non lle fai falta un servizo secreto para infiltrar, envelenar e dividir tanto a ideoloxía coma a militancia nacionalista. Xa fai o reintegracionismo ese traballo sucio. Moitos parabéns a X. H. Costas por non caer nunca nese erro e traballar en positivo pola Nación.

1 omur

Ainda bem que não sou nacionalista porque às vezes o nacionalismo, quer galego, quer português, quer espanhol, faz grande dano no cérebro. E um nacionalista galego castrapeiro é quase como um preto nazista. Mais livros e menos naCION.

4 turista

Eu fum la varias vezes, e incrivel o semelhante que som a nos, nom so a lingua mais tamem a arquitectura e a paisagem, e como estar numha aldeia de Ourense. Pela zona de Cilleros e Moraleja e como estar numha pelicula do oeste, case tudo chan e amarelo mais justo saindo de Cilleros face o Val do Elhas tenhem pequenos bosques de carbalhos e montanhas, e o das casas velhas e incrivel, e a mesma pedra e arquitectura das nossas aldeias. E os paisanos som moi amigaveis, em quanto dis que eres galego querem falar contigo pra ver se e certo que falamos coma eles, umha pena que eles mesmos nom tenham realmente conciencia de porque falam galego, um deles ate me dixo que falavam galego/A Fala porque a principios de seculo foram moitos emigrantes galegos a trabalhar numhas minas que tinham por ai...

3 omur

O vale do Elhas é provalvelmente um território reconquistado por portugueses que ficou do lado leonês quando se estabeleceram fronteiras fixas. Se falam especialmente parecido com os galegos é por duas cousas: ficamos isolados de Portugal (mantemos igual aquilo que os portugueses mudaram) e o castelhano é a nossa lingua teito (que modificou a nossa língua de forma parecida). A explicação mais simples: embora as fronteiras, tudo foi e é a mesma língua.

1 Entre Línguas

Em geral, os territórios espanhóis onde é falado esse português castelanizado tao semelhante com o galego são: 1.- Quer territórios que foram portugueses alguma vez na história. 2.- Quer territórios que nunca foram portugueses (mas sim repovoados com pessoas do norte da Península) e que geograficamente são mais acessíveis desde Portugal que desde a Espanha, polo que essas comunidades, embora sendo espanholas, tiveram tradicionalmente mais relacionamento com os portugueses, o que possibilitou o mantimento da língua galaico-portuguesa.

2 um lusista

Os “lusistas" gastam seus quartinhos em amosar que o galego existe além das fronteiras da CAG. Outros gastam os quartinhos de todos em tentar fundamentar umha trapalhada.