Pontón reivindica o uso do galego entre a mocidade: "Para comunicarse, ligar, trapear e para o reguetón"

A portavoz nacional do BNG ve nas persoas neofalantes un "motivo de esperanza" nun contexto "no que as políticas do PP contra o galego levan ao idioma a unha situación crítica".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2021 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia



A portavoz nacional, Ana Pontón, reivindicou a utilidade da lingua galega entre os máis novos, que pode ser empregada "para todo", desde "comunicarse" a "ligar", "trapear" ou para "o reguetón".

A líder nacionalista visitou este mércores a Real Academia Galega (RAG), onde mantivo un encontro co seu presidente, Victor F. Freixanes, acompañada por membros da formación frontista.

Alí, Pontón apelou a reverter as "políticas lingüicidas" que, ao seu xuízo, impuxo o Executivo autonómico que preside Alberto Núñez Feijóo e que, di, repercute especialmente entre os máis novos.

A eles quíxose dirixir a portavoz do Bloque para animalos a que usen o galego no seu día a día, posto que a lingua propia de Galicia é "útil para todo".

"O galego é útil para todo, para relacionarse, para xogar, para comunicarse, para ligar, para trapear, para o reguetón", sentenciou Pontón, que cre que está "na man" dos mozos "dar o paso" de empregar o galego.

Neste sentido, ve nas persoas neofalantes --aquelas que pasan de empregar o castelán como lingua principal a usar o galego por compromiso coa lingua-- un "motivo de esperanza" nun contexto "no que as políticas do PP contra o galego levan ao idioma a unha situación crítica".

En todo caso, Pontón cre que isto pode reverterse "sempre que haxa vontade en apostar pola normalización" da lingua galega "en todos os ámbitos".

"Un PP ao que se lle enche a boca falando de liberdade, no caso da lingua o que provocan as súas políticas é privar a miles de mozos da liberdade de poder escoller o idioma que queren utilizar posto que dificilmente vaise a optar por unha lingua que non se domina", defendeu a líder nacionalista.

A líder do BNG, Ana Pontón, xunto ao presidente da RAG, Victor Freixanes, na sede da institución. BNG
A líder do BNG, Ana Pontón, xunto ao presidente da RAG, Victor Freixanes, na sede da institución. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 nostrus

O galego "para comunicarse, ligar, trapear e para o reguetón", pero eu engadería algo mais "para o que cada persona lle dea a gaña", pero sempre en liberdade e sin que ninguén nos trate de evanxelizar na lingua verdadeira. Non atopo a ventaxa de que os castelanfalantes muden de lingua como apunta Ana Ponton e ninguén ten porque facelo para darlle placer a ana Ponton. Ao nacionalismo encantaríalle que Galicia fose monolingüe porque o nacionalismo quérenos ignorantes.

1 postizo

Well, you Nostrus, of multilingual, little; and smart, nothing! You'll be a dangerous nationalist? Ignorant Spanish nacionalist, of course!