As parroquias en alto risco de incendio serán este ano sete máis que o pasado verán

O Estado achega nove medios aéreos a un dispositivo con 7.000 efectivos.

Por Erik Dobaño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2021 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

O alto risco de incendios comeza este xoves, 1 de xullo, en Galicia, un período que se prolonga durante todo o período estival. Entre outras novidades, nesta campaña aumentan en 22 as cámaras para unha rede de videovixilancia con 142 dispositivos que cobren o 70% do territorio.

Deste xeito, mantense un operativo con 7.000 efectivos entre medios da Consellería de Medio Rural e outras institucións, cun investimento que alcanza os 180 millóns de euros entre prevención e extinción. Tamén haberá 378 motobombas e preto dunha trintena de medios aéreos --entre aeronavaes de Xunta e Goberno--.

Igualmente, créase a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), formada por 15 membros da escala de axentes ambientais que se centrarán exclusivamente na investigación.

Ademais, as parroquias de alto risco de incendio serán este ano un total de 35, sete máis que as 28 de 2020. Mentres, segue activo o teléfono 900 815 085, de denuncias anónimas de incendiarios.

Esta tarde de xoves, o conselleiro de Medio Rural, José González, presidiu o Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia (Cipig), nun acto co delegado do Goberno, José Miñones. Este organismo ten como fin coordinar ás administracións na loita contra o lume.

MEDIOS ESTATAIS

Pola súa banda, o delegado do Goberno, José Miñones informou de que nove medios aéreos estatais e preto dun milleiro de persoas traballarán nesta campaña en Galicia. Ademais, existe a posibilidade de ampliar o reforzo con medios do resto do país, onde haberá 69 aeronaves.

O Ministerio de Transición Ecolóxica despregou dous avións en Galicia, mentres que este xoves enviará outro avión anfibio ao aeroporto de Santiago, ademais de dúas brigadas de loita contra incendios á base de Laza (Ourense).

Así mesmo, lembrou que en 2020 a metade das intervencións que tiveron que realizar medios do Estado en incendios foron en Galicia.

Labores de extinción do incendio forestal que se orixinou a pasada madrugada na contorna da localidade de Ferreirós de Abaixo, no municipio de Folgoso do Courel, a 12 de xuño de 2021, en Lugo, Galicia (España). O incendio forestal queimou unha. Carlos Castro - Europa Press
Labores de extinción do incendio forestal que se orixinou a pasada madrugada na contorna da localidade de Ferreirós de Abaixo, no municipio de Folgoso do Courel, a 12 de xuño de 2021, en Lugo, Galicia (España). O incendio forestal queimou unha. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta