A Deputación de Pontevedra elaborará unha axenda urbana e rural para marcar unha "visión estratéxica" da provincia

Como primeiro paso quere realizar un diagnóstico da situación da provincia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2021 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra constituíu unha Comisión Interdepartamental co obxectivo de "elaborar de maneira participativa" e con "visión estratéxica" unha Axenda Urbana e Rural propia para converter á provincia de Pontevedra nun espazo "máis sustentable, resiliente, inclusivo e seguro".

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva presidiu este xoves xunto ao vicepresidente provincial, César Mosquera, a reunión de constitución desta comisión que traballará para tender redes con institucións, sectores estratéxicos e o tecido social.

Este equipo estará integrado por persoal dos servizos de Infraestruturas (que coordina a comisión), Mobilidade, Turismo, Medio Ambiente, Cooperación e do Plan Revitaliza.

Con esta inciativa, a Deputación de Pontevedra segue o camiño que xa iniciaron outras institucións provinciais como Barcelona ou Granada para, como primeiro paso, realizar un diagnóstico da situación da provincia e, a partir de aí, elaborar un documento estratéxico que contemple os principios, obxectivos, criterios e pautas de actuación "para o desenvolvemento sustentable e integrador da provincia".

A Axenda da provincia identificará as "áreas funcionais" do territorio que, en moitos casos, coincidirán coas comarcas. Isto "permitirá ser máis eficaces á hora de implantar accións ou programas" e, ademais, determinará as actuacións que levarán a cabo para establecer prioridades e ordenalas en función da súa tipoloxía.

Carmela Silva e César Mosquera. DEPO
Carmela Silva e César Mosquera. DEPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta