A CEG aposta por "encaixar" nos fondos europeos os proxectos que transformen o modelo produtivo galego

O presidente da CEG, Juan Vieites, considera que hay que"ser ambiciosos e non conformarse con gastar e executar o que finalmente chegue a Galicia"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2021 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) reivindica a súa aposta "firme" pola reindustrialización e a reinvención da industria como claves de futuro.

Fíxoo no marco da celebración do webinar 'Galicia 2030: Reinventar a industria', que contou coa intervención do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde; coa directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez; con executivos e directivos de empresas e con máximos responsables de organizacións empresariais.

O presidente da CEG, Juan Vieites, apostou por "encaixar nos fondos da Unión Europea e sen demora os proxectos e investimentos que transformen o modelo produtivo, dimensionando a industria, apostando pola competitividade da xa existente, tendo en conta as novas condicións de mercado".

Ademais, puntualizou, hai que "ser ambiciosos e non conformarse con gastar e executar o que finalmente chegue a Galicia", senón "apostar porque o investimento xere actividade económica, especialmente actividade produtiva, que achegue efecto arrastre e tractor sobre outros sectores da economía".

Tanto Vieites como Conde coinciden na importancia de contar con criterios obxectivos e igualdade de oportunidades na distribución dos fondos, así como na importancia da colaboración público-privada.

Seminario en liña organizado pola CEG sobre a industria. CEG
Seminario en liña organizado pola CEG sobre a industria. CEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta