A pandemia afonda na pobreza: aumentan os fogares galegos que chegan "con moita dificultade" a fin de mes

No segundo trimestre deste ano, o 44,14% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes e o 46,81% con dificultade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2021 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

A porcentaxe de fogares galegos que chega con moita dificultade a fin de mes pasou do 7,15% no segundo trimestre de 2020 ao 9,04% no segundo trimestre de 2021, segundo a enquisa conxuntural a fogares que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE). No segundo trimestre deste ano, o 44,14% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, o 46,81% con dificultade e o 9,04% restante con moita dificultade.

Con respecto ao trimestre anterior, prodúcese un aumento de 1,21 puntos na porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, unha diminución de 0,25 puntos na dos que chegan con moita dificultade e unha diminución de 0,97 puntos na porcentaxe de fogares que chega con dificultade a fin de mes.

Mentres, en comparación co segundo trimestre do ano 2020, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes diminúe 1,82 puntos porcentuais e o de fogares que chega con dificultade a fin de mes tamén diminúe 0,08 puntos, pero crece en 1,89 puntos o dos que chegan con moita dificultade.

Así as cousas, o 36,03% dos fogares galegos pensou aforrar algo de diñeiro no próximos tres meses, o 29,21% facer algún extra en produtos de alimentación, o 39,21% saír a cear, a cafetarías, ir ao cinema ou ao teatro e o 8,95% facer fronte a imprevistos ou grandes compras.

Un autónomo bota o peche do seu negocio tras a súa xornada laboral. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo
Un autónomo bota o peche do seu negocio tras a súa xornada laboral. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta